sábado, 25 de junio de 2011

O alumnado de 3º da ESO de Cultura Clásica do IES de POIO fixo esta selección de personaxes da Guerra de Troia.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Felicito os alumnos que fixeron o estudo sobre Troya a partir dos personaxes da Iliada. Pola miña parte quero animarlles a que vexan un documental (uns 45 minutos de duración) o que poden acceder en Internet: GRANDES DESCUBRIMIENTOS.LA VERDAD SOBRE TROYA (video). Deixando aparte os aspectos non demostrados, e que o propio narrador indica o final, este documento permite facer unha reflexión sobre a guerra, esa constante histórica da humanidade. O mito é fermoso: a grega Helena, esposa de Menelao, namorada de Paris, fillo de Priamo, rei de Troya, escapa xunto el. E este feito desencadea todo o asedio que os aqueos (en realidade aínda non eran os gregos que logo coñecimos) levan a cabo en Troya. É pouco creíble que o asedio durase dez anos; máis ben se trataría dun conflito prolongado durante ese tempo pero con treguas no medio. Para non estenderme máis, no documental podedes ver o que Schliemann chamou "tesouro de Príamo", a maior parte obxectos de metais preciosos (colares e cuncas sobre todo) puntas de flecha feitas en bronce, cerámica grega na que se reflicten feitos de guerra, a panoplia guerreira, é dicir, o conxunto de armas, armaduras e escudos para os guerreiros da época e outros datos de interés. Os investigadores que divulgan este video se basean nun manuscrito que é copia dun fragmento da Iliada, conservado na Biblioteca Bodleiana de Oxford, en Inglaterra, así como nas excavacións arqueolóxicas feitas donde se encontraba Toya. O voso traballo me inspirou esta reflexión sobre a guerra na antigüidade, tan cruel como hoxe. Curavacas.